miércoles, 24 de noviembre de 2010

DERRADEIRA VONTADE DE FUCO BUXÁN

Detrás de cada home
está oubeando un lobo.
Un lobo que te come
e ten comesto ó pobo.
Canto pode sofrirse
telo xa ben sofrido
pro non hai que abatirse
nin darse por vencido.

Canto pode chorarse,
telo xa ben chorado
pro non hai que calarse,
nin sentirse abafado.

Canto pode perderse,
telo xa ben perdido.
Pro non hai que doerse
nin rosmar un laído.

Podes todo ganalo
si despertas e loitas.
Co corazón che falo
galego que me escoitas.

A túa hora é esta:
colle a fouce, meu pobo
ergue a testa, protesta,
e dempóis mata o lobo.

1 comentario:

  1. Fuco Buxán es un personaje creado por Celso Emilio Ferreiro, el cual el poeta utiliza para llamar a la rebelión contra la injusticia

    ResponderEliminar